Desenvolvemento dunha metodoloxÃa adaptada ao Programa Universitario para Mariores
Resumen
Os Programas Universitarios para Maiores veñen desenvolvéndose cada vez con máis intensidade debido ás maiores demandas deste colectivo. Estes programas, enfocados en facilitar a incorporación da xente maior á Universidade, presentan peculiaridades dentro dos niveis universitarios, sendo o único que non esixe requisitos para acceder. Polo tanto, poden acceder alumnos con diferentes estudos previos, o que converte este programa nun gran desafÃo para os docentes á hora de promover as condicións necesarias para que todos os alumnos poidan acadar os mesmos obxectivos. Neste artigo móstrase unha metodoloxÃa adaptada ás capacidades e tipo de aprendizaxe máis caracterÃsticos deste grupo, con vista a que as bases propostas sirvan de exemplo aplicable a outras materias deste programa. O establecemento dun coñecemento previo común, cun progresivo aumento da complexidade das actividades; o emprego dunha linguaxe acorde co nivel do grupo; a introdución dos conceptos novos a través da observación, reflexión, choiva de ideas e debate entre os alumnos, onde se sintan parte activa deste proceso; asà como a aplicación de parte da aprendizaxe á vida real, parecen ser as claves para conseguir os obxectivos do Programa Universitario para Maiores. O éxito da metodoloxÃa empregada avaliouse a través de enquisas e entrevistas persoais cos estudantes.